Persoas sen Fogar Galicia

Os voluntarios ofrecen a súa amizade e compañía ás persoas que sofren o azote da soidade e a exclusión, por carecer dun fogar.

También disponible en Español (Spanish)

Persoas sen fogar é un plan integral no que se ligan a formación e a práctica. O obxectivo é acadar unha acción voluntaria eficaaz, regular e de compromiso dos xóvenes con este colectivo vulnerable.

O enrequecemento da mocidade coa formación lles fai ter un maior coñecemento das realidades das persoas coas que van estar, o xeito de lles tratar, a mentalidade coas que teñen que afronta-la situación do beneficiario. Ademáis, é importante a formación dos coordinadores das distintas actividades prácticas para que poida haber unha boa xestión e motiven ós voluntarios na súa labor.

Para isto, impartimos sesións de formación, para as que preparamos diferentes materiais como vídeos ou exposicións de campañas. Tamén se fan colaboracións con expertos e testemuñas que lles axudan a ser máis conscientes das diversas realidades coas que se encontran neste voluntariado e a desenvolver capacidades e competencias básicas para a súa actividade como a intelixencia emocional.

Mais por suposto, a formación ten que se meter en práctica. E se fai con con actividades sociais como os Almorzos Solidarios, nos que se fan rutas de rúa nas que ofrecen compañía, amizade e comida ás persoas sen fogar. En Vigo e Pontevedra, levamos a cabo dous proxectos: Merendas Solidarias e Almorzos Solidarios de mans de asociacións xuvenís e entidades sociais como a Asociación Xuntos en Pontevedra, Down Vigo ou Xoan XXIII. Santiago é outra das cidades galegas nas que este proxecto se pon en práctica. Os venres pola tarde. 

 

Proyecto subvencionado por: