También disponible en Español (Spanish)
O Programa de Formación e Promoción do Voluntariado, é un proxecto que promove a participación da acción social xuvenil. Dende Cooperación Internacional, queremos que os xóvenes teñan aspiracións de mellora da súa contorna, a través de accións de servizo aos demáis.
Axudamos a que a xuventude saiba ve-los problemas da sociedade e que poidan levar a cabo solucións e transforma-las condicións para non se dar determinadas circunstancias negativas.
Este proxecto realízase a través de numerosas actividades cos colectivos máis necesitados como por exemplo as personas sen fogar, os nenos e maiores en risco de exclusión social ou nos hospitais
En Galicia, podemos salientar obradiros como Hospilandia, que realizamos co Colexio Maior La Estila, ou Friday Revolution. Estas dúas lévanse a cabo en Santiago, dónde os voluntarios visitan ós ingresados no hospital; xogan con eles, fan teatro, manualidades, etc. para que poidan facerlles a estadía máis levadeira. Friday Revolution é unha plataforma de voluntariado na que se ofrecen distintas actividades sociais, para realiza-las fins de semana, con persoas maiores ou con discapacidade.
Painting for Others é outro dos proxectos nos que os xóvenes pódense involucrar. Nesta actividade, os rapaces e raparigas que participan pintan as casas de persoas con escasos recursos. Desta maneira melloran as súas condicións de vida, namentres lles ofrecen un tempo de compañía.
Proxecto subvencionado por: