También disponible en Español (Spanish)
Desenvolvemento de actitudes solidarias, de respecto perante a diversidade e a tolerancia, así como a erradicación do racismo, xenofobia e todo tipo de discriminación, é o que promove o programa Serade. Desta maneira, constrúese unha sociedade cunha mocidade inclusiva e dacordo cos Dereitos Humanos.
Se os xóvenes adquiren a capacidade de se poñer no lugar do outro, de se facer cargo dos problemas de seu, de experimenta-las consecuencias da soidade, a discrimunación ou a indixencia, estarán mellor preparados para contribuir nos procesos de mellora e solución desas situacións.
Para iso, realízanse distintas actividades e grupos de traballo coa mocidade galega. Tamén se fan obradoiros intelectuais e campañas de sensibilización. Nas escolas preséntanse exposicións sobre a discriminación e o racismo e se ofrecen materiais didácticos. Deste xeito, séguese un proceso cun enfoque didáctico e metodoloxías educativas que promoven unha xuventude socialmente comprometida.
Serade viuse reflectido en campañas como “Déixate marcar polo mundo”
Proxecto subvencionado por: