También disponible en Español (Spanish)
Procuramos recoñecer e fomenta-lo impacto do voluntariado no crecemento persoal da mocidade e na mellora de toda a sociedade.
Cooperación Internacional ten creado Scale Up -un programa de formación, avaliación e desenvolvemento de competencias a través do voluntariado- procurando mellora-lo impacto das organizacións activas no eido da xuventude. Deste xeito, asegúranse que axudan á reducción do desemprego xuvenil. A valoración das actividades de voluntariado consegue así un interese mesmo especial na mediación das chamadas soft skills.
Dende Cooperación Internacional, estamos convencidos de que as actividades que os xóvenes realizan no eido non fomal e informal lles permiten adquirir certas competencias -traballo en equipa, responsabilidade, compromiso, habilidades interpersoais…– moi útiles para o seu desenvolvemento persoal. Por isto é que queremos incentiva-lo voluntariado como ferramenta de formación e desenvolvemento de competencias no entorno escolar e universitario.
Scale Up propon promover un novo paradigma que ó mesmo tempo mellorará o impacto das organizacións da sociedade civil. Ademáis motivará á xuventude a ver na contrucción dunha sociedade solidaria e inclusiva a senda para a súa propia realización profesional e persoal.
Mediante o itinerario deseñado para os voluntarios en Scale Up, facilitamos ás universidades, colexios maiores, centros educativos e asociacións xuvenís, unha ferramenta incentivadora do voluntariado e a procura da excelencia educativa; ao mesmo tempo que acreditamos as competencias desenvolvidas polos xóvenes que realizan o voluntariado.
Proxecto subvencionado por: