También disponible en Español (Spanish)
Queremos anima-la participación dos nenos e nenas no voluntariado para axudar ós que máis o precisan, mediante un compromiso de servizo.
O proxecto articúlase a través de formación, visitas e proxectos de voluntariado onde os alumnos, profesores e familias entran en contacto direto co mundo solidario por medio de diferentes eidos. Lévase a cabo nun programa que adoita facerse en espazos educativos nos que traballa con contidos formativos e experiencias de vida nos que se lles ensina solidaridade, inclusión educativa e participación comprometida. Empréganse diferentes materiais como exposicións ou vídeos e tamén testemuñas, dun xeito no que o alumno pode coñecer unha realidade de maneira direta.
Algunhas das escolas que participan en Galicia son: Colexio la Salle de Santiago, Colexio SEK Atlántico, Colexio Juniors, Colexio Peñarredonda, IES Monelos, IES Xelmírez II, Colexio San Jorge, IES Pontepedriña, Colexio San Pelayo, IES Otero Pedrayo, Colexio Montecastelo, IES As Fontiñas ou Colexio Las Acacias.
Xunto a axuda da Xunta de Galicia, Escola Solidaria busca, nos distintos centros educativos, un cambio na mentalidade social, facendolles ver a importancia de implicarse e dar axuda os que máis a necesitan. De este modo, poderan ver as consecuencias reais e positivas que poden chegar a facer as suas accions, xa que unha mentalidade solidaria dos xóvenes de hoxe, construirá unha sociedade mellor no futuro.
Proxecto subvencionado por: