
También disponible en Español (Spanish)
Numerosos nenos e nenas de Santiago de Compostela forman parte deste proxecto no que a educación é a protagonista. Apostamos pola igualdade de oportunidades para ofrecer un futuro mellor para tódolos nenos e nenas.
Uno dos obxectivos é a mellora e axuda dos estudos de cativos e adolescentes. As voluntarias e voluntarios que se comprometen con este proxecto, adican o seu tempo cada tarde para prestarlles unha axuda cos deberes e facilitarlle-la mellora do rendemento académico. Cada tarde, os escolares contan co apoio dunha equipa de xóvenes coordinadores e voluntarios, que lles resolven dúbidas, ensínanlles a estudar… ofrecéndolles así o esforzo académico que precisan.
Pero, ademáis das actividades de estudo, no Apoio, os nenos realizan distintos obradoiros: danza, experimentos, saídas culturais, manualidades… nos que os menores poden desenvolver diferentes capacidades e mellorar na súa relación cos demáis. isto todo enfocado a potencia-la súa formación integral, inculcándolle-los valores do esforzo, a constancia, o traballo en equipa ou o apoio ó que o precisa.
O programa de Apoio Socioeducativo e toda unha aposta polo futuros dos rapaces, desde a igualdade de oportunidades.
Proxecto subvencionado por:
Coa colaboración de: